As Reservas da Biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural e o desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza. Establécense en zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único, en medios terrestres, costeiros e mariños, nos que a integración da poboación humana e as súas actividades coa conservación é fundamental. As Reservas tamén son lugares de experimentación e estudo do desenvolvemento sostible.
Deben cumplir tres funciones: conservacion da biosfera e dos ecosistemas que conteñen, desenvolvemento das poboacións locais e función loxística de apoio á investigación, formación e comunicación.
Para o cumprimento destas funcións, as Reservas da Biosfera deben contar con tres tipos de zonas:
Estrutura dunha reserva da biosfera, unha ou varias zonas núcleo, cuxa función principal é a conservación; unha ou varias zonas de amortecemento que amortecen os efectos das accións humanas nas zonas núcleo, e unha zona de transición, onde se promovan actividades económicas sostibles para favorecer o desenvolvemento socioeconómico das poboacións locais.
Aínda que de forma diferenciada, todas as zonas deben contribuír ao cumprimento de todas as funcións propias da reserva. O foco céntrase no desenvolvemento de modelos para a sustentabilidade global, nacional e local, e para que as Reservas da Biosfera sirvan como lugares de aprendizaxe onde os responsables políticos, as comunidades científicas e de investigación, os profesionais da xestión e as partes interesadas traballen xuntos para traducir os principios globais do desenvolvemento sostible nun lugar apropiado. Por iso, a implicación da comunidade local é fundamental para que unha Reserva da Biosfera cumpra as múltiples facetas que caracterizan esta figura.
Aqui teneis un video en donde explica que es la reserva de la biosfera:
No hay comentarios:
Publicar un comentario