viernes, 17 de diciembre de 2021

As reservas forestais

Unha reserva forestal é unha zona protexieda pola diversidade vexetal que abrangue e pola posibilidade da súa explotación sostenible. A súa declaración e xestión corresponden aos gobernos autonómicos ou aos concellos na que esta se atopa, teñen a obrigación de velar polo benestar da mesma, evitando a explotación dos seus recursos para calquera actividade agrícola.
Actualmente, as reservas naturais son designadas por diferentes institucións gobernamentais, como é o caso de  National  Nature Reserve (institución con maior recoñecemento no mundo, cuxa sede principal sitúase no Reino Unido) do mesmo xeito que existen organizacións sen fins de lucro dedicadas á protección do ambiente e institucións investigadoras de varias nacións e que son independentes do goberno.
O continente americano é o que posúe o maior número de reservas forestais debido á gran diversidade de ecosistemas que se poden apreciar no mesmo. O país que posúe o maior número de reservas en América Latina é Chile e é que grazas á gran diversidade de clima, no país existen moitos tipos de ecosistemas, desde os  desérticos (coas zonas máis áridas do mundo) ata as zonas de maior humidade (coas árbores máis antigas e virxes do planeta), grazas a todas estas condicións a nación fíxose acredora de máis de 100 reservas forestais, clasificadas como Parques Nacionais, Monumentos Nacionais ou Reservas Naturais, cuxas áreas en total superan os 14 millóns de hectáreas, é dicir o 19 % do territorio nacional.
En España encóntranse diferentes reservas forestais destacando:
- O Barranco de Igoroin
Trátase dunha reserva forestal que se encontra situado no País Vasco, no cuadrante suroccidental do Territorio HIstórico de Álava baixo os montes de Iturrieta, comarca de Montaña Alavesa nas proximidades de Arrai-Maeztu.
Barranco de Igoroin
Barranco de Igoroin - Wikipedia
- A Reserva forestal do Añarbe
É un hábitat de gran interese biolóxico e excepconal para a fauna silvestre. Varias especies de animais e plantas en perigo de extinción habitan no Añarbe. Os bosques maduros e de gran frondosidade conforman un paraxe natural de especial interese.

Noutras partes do mundo podemos destacar as seguintes reservas forestais:
- A Reserva Forestal de Ajlun
É unha reserva natural de Jordania, creada en 1988 pola Royal Society for the Conservation of Nature na Gobernación de Ajlun. Nesta reserva lévabase a cabo un programa de cría controlada de corzo e está considerada área de importancia polas súas aves por Birdlife International. O clima da reserva é relativamente húmido en comparación co resto de Jordania.
Reserva Natural de Ajlun - Wikipedia
- A Reserva Forestal de Sinharaja
É un parque nacional de Sri Lanka. O nombre da reserve tradúcese como "O reino do león". Está situado nas provincias de Sabaragamuwa y Sur. A reserva ten unha superficie protexida de 8564 ha. Ten unha grande riqueza de especies endémicas, incluindo árbores, insectos, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
Reserva Forestal de Sinharaja - Wikipedia
Para rematar, déixovos un pequeno vídeo que mostra o territorio que abrangue a reserva forestal do Añarbe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario