Cada ano prodúcense toneladas de residuos plásticos e, a maioría, verténse ao medio ambiente. Isto provoca que os microplásticos, partículas de menos de cinco milímetros, estean presentes en todo o mundo.
Dende hai tempo, os investigadores coñecían a presenza de microplásticos no intestino e nos pulmóns. As persoas consumen este tipo de plásticos en bebidas, comidas ou ao respirar e calcúlase que, de media, as persoas consumen entre 0.1 e 0.5 gramos semanais destes residuos.
Sen embargo, científicos holandeses recentemente descubriron que estas partículas comenzan a estar presentes tamén no sangue das persoas. Descoñécense todavía os posibles efectos nocivos na saúde que poderían ter este tipo de residuos.
Os catro tipos de polímeros identificados presentes no sangue son o tereftalato de polietileno, o polietileno, os polímeros de estireno e o polimetilacrilato. Estes polímeros empréganse na producción de botellas de bebidas, envase de alimentos ou fabricación das bolsas de plástico.
A pesar de non saber con certeza as repercusións na nosa saúde, un estudo demostra que os microplásticos poden adherirse ás membranas externas dos glóbulos vermellos, entorpecendo a súa función e limitando a cantidade de osíxeno que poden transportar.
Agora, os investigadores reclaman medios para levar a cabo una investigación en profundidade sobre como pode afectar a presenza dos microplásticos dentro do corpo humano e previr posibles enfermedades.
Aquí tedes un educaplay moi divertido e educativo, co que podedes confirmar o que sabedes ou aprender como o medio ambiente inflúe na saúde e como o feito de que os seres humanos o contaminen , non só afecta a natureza e aos animais que viven nela, tamén afecta aos propios seres humanos, xa que contaminacións como a do aire afecta a súa calidade e inflúe na saúde pulmonar e sanguínea do corpo humano. E como a contaminación do aire, moitas outras. Por iso ao fazer este educaplay descubriredes máis
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal, así como en promover o acceso a unha atención sanitaria de calidade en todas as rexións do mundo, especialmente na poboación con escasos recursos.
Na celebración desta efeméride elíxese anualmente unha temática en función das necesidades e suxestións realizadas polos Estados membros, tendo en conta as áreas sanitarias prioritarias.
Para o ano 2022 o tema central do Día Mundial da Saúde é "O noso planeta, a nosa saúde". A través desta campaña, convídase a persoas, comunidades, gobernos e diversas organizacións de todo o mundo a compartir información sobre as medidas a adoptar para protexer a nosa saúde e o noso planeta.
Porén, aspectos como a contaminación do aire, o saneamento inadecuado, a auga contaminada e o impacto do cambio climático constitúen ameazas ambientais para a saúde pública. Por iso hai que xerar unha resposta eficaz co apoio dos gobernos e da sociedade.
Este próximo día 7 de abril de 2022, a OMS quere celebrar o día mundial da saúde, para recordarnos a situación na que estamos a vivir, tanto polo COVID-19, como polo gran aumento de cardiopatías e cancros e a contaminación que tamén inflúe nas nosas vidas, sobretodo de forma negativa (xa que provoca numerosas enfermidades respiratorias).
Pese a que a pandemia axudóunos a demostrar a inmensa capacidade ciéntífica actual, non nos podemos olvidar de que tamén evidenciou as grandes diferenzas que sofren todos os países do mundo con menos recursos e desenvolvemento. Lugares como África, zonas de Asia máis pobres, algunhos lugares da América Latina .... non poseen tantos recursos como os máis desenvolvidos, o que provoca que non toda a poboación poida ser vacinada completamente, dificultando así o control desta enfermidade.
Reflexión:
Grazas á crecente concienciación da xuventude sobre este tema, estos problemas poderán acadar unha posible solución dentro dunhos anos, actualmente debemos abrir os ollos e darnos conta do que estamos a facer como sociedade e de cómo debemos xestionar a situación actual para poder achegarnos a un futuro limpo, sostible, san e sen contaminación!
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, en recoñecemento da saúde como un dereito básico e universal, así como fomentar o acceso á atención sanitaria de calidade en todas as rexións do mundo, especialmente na poboación de escasos recursos.
Este ano celébrase baixo o lema de "O noso planeta, a nosa saúde".
No ano 1948 a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS), para xerar conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e fomentar hábitos sans nas persoas. A celebración deste día internacional leva a cabo desde o 7 de abril de 1950.
- Obxectivos
Preténdese fomentar un movemento orientado a crear sociedades baseadas no benestar.
Con todo, aspectos tales como a contaminación atmosférica, o saneamento inadecuado, a auga contaminada e o impacto do cambio climático constitúen ameazas ambientais na saúde pública.
Para finalizar, déixovos un pequeno vídeo que fala do cambio climático e a saúde:
Cando se formou a Organización das Nacións Unidas (ONU), tomáronse diferentes decisións. Un deles foi crear unha organización dedicada á promoción e coidado da saúde a nivel global. Así nace a Organización Mundial da Saúde, nacida o 7 de abril de 1948. Foi por decisión interna a instauración deste día. Con ela, buscaron educar á xente sobre algo tan importante como é a saúde.
Comparto esta canción de Michael Jackson, que revindica un mellor mundo para todos...
Que obxectivos se perseguen coa celebración deste evento?
Dende a OMS traballamos para mellorar a saúde física e mental das persoas en todos os países. Fan especial fincapé na importante necesidade de que todas as nacións establezan sistemas relacionados coa prevención, conservación e restauración da saúde. Sen ter en conta o compromiso de todas as partes coa mellora dos sistemas sanitarios, os obxectivos non se conseguirán. Hai que aumentar os investimentos en sanidade pública, se non, non sería posible que a poboación se enfronte a serios riscos. Entre eles están epidemias, catástrofes naturais, accidentes ou problemas relacionados coa nutrición en todo o mundo.
Non podemos esquecer a saúde mental, onde a psicoloxía xoga un papel moi importante. E claro que a nutrición é básica, unha alimentación saudable variada e rica en nutrientes axúdanos a previr enfermidades cardiovasculares, principalmente. Que os fumadores deixen de fumar é outra das accións a seguir en todo o planeta. Tamén é moi importante previr as enfermidades de transmisión sexual e hai que estudar a fondo os posibles problemas a este respecto.
Coa celebración do Día Mundial da Saúde tamén se buscan outros obxectivos ademais dos mencionados. O obxectivo é dar a coñecer e dar a coñecer o importante traballo e obxectivos da OMS, así como doutras organizacións sanitarias mundiais. Neste caso, destaca o papel de Xenebra como capital mundial en todo o relacionado coa mellora da saúde no mundo.
A calima chega a España: as cidades tinguidas de po sahariano
Trátase dun fenómeno ao que os canarios están máis habituados, pero é algo extraordinario en boa parte de España, incluída Asturias.
Trátase da calima, causada polo vento arrastrado pola borrasca 'Celia', que ha traido po en suspensión procendente do deserto do Sahara. A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) define a calima como «a diminución da visibilidade pola presenza de partículas secas (en contraposición coa bruma ou néboa, compostas por partículas acuosas), deixando o ceo con tons ocres». O po en suspensión procedente do norte de África dá lugar a calima, choivas de barro e un empeoramento da calidade do aire. A Aemet tamén advertiu de que a intrusión continuará nos próximos días e será significativa, dando lugar a un empeoramento da calidade do aire. A calima vén acompañada dun «aire cálido», con temperaturas que superaron os 20 º C durante a madrugada no sueste peninsular e os 18 º C no Cantábrico oriental. Ao longo desta xornada, por exemplo, algunhas localidades do Principado de Asturias poderán superar os 22 graos, algo totalmente inusual para esta épocas do ano. Desde a Aemet aclaran que «a partir do mércores é probable que a borrasca comece a debilitarse a medida que se despraza cara ao leste».
Este día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, loitemos co lema " Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" por todas as mulleres que hoxe se comprometen a buscar a igualdade e pelexar polos seus dereitos.
Este día conmemora a loita das mulleres pola sua participación íntegra na sociedade, e para celebralo os alumnos de 2º de bacharelato do colexio Padre Feijoo Zorelle queremos apoiar esta loita con unha imaxe que representa moitas das cualidades de todas as guerreiras do mundo. Dende a nosa nai, avoa, e todas as mulleres coas que nos relacionamos poseen estas características que as volven tan únicas. Esperamos que vos guste, e feliz 8 de Marzo!
Se queredes ver un pequeno video informativo sobre este día, podedes atopalo neste link.
Se crees que coñeces o noso sistema dixestivo e respiratorio resultarache doado realizar este test de 10 preguntas adecuado aos alumnos de 6 de primaria. Repasaras todos os contidos dunha forma interactiva e divertida. Espero que disfrutes do test.
O Consello Internacional de Coordinación do Programa da UNESCO sobre o Home e a Biosfera, reunido en París do 27 ao 30 de maio, incorporou doce novos xacementos á súa Rede Mundial de Reservas da Biosfera, as denominadas “Mariñas Coruñesas” e Terras do Mandeo”. É dicir, que todo o territorio que rodea o municipio coruñés convértese nunha das 621 reservas repartidas polo noso Planeta, repartidas en 117 países. Xunto a esta nova reserva galega, dous xacementos máis: La Granja e El Espinar, na Serra de Gudarrama e Terras del Ebro en Cataluña, sitúan a España no segundo lugar do mundo para os países con máis reservas de biosfera.
As "reservas da biosfera", como a recentemente designada en Galicia teñen como función, ademais da conservación e protección da biodiversidade, o desenvolvemento económico e humano destas áreas, a investigación, a educación e o intercambio de información entre as distintas reservas, que conforman unha rede global. Na Declaración de Madrid sobre o Programa MAB da UNESCO e sobre a Rede Mundial de Reservas da Biosfera, entre outros chamamentos, formulouse a seguinte petición: que "o potencial de actuación das reservas da biosfera para abordar cuestións emerxentes como a perda de coñecemento e diversidade cultural, demografía, perda de terras cultivables, cambio climático, biodiversidade e desenvolvemento sostible; e, en particular, como lugares para investir e innovar, co obxectivo de mitigar o cambio climático e adaptarse a el, promovendo un maior uso das enerxías renovables en alternativas sostibles tanto no medio rural como urbano, ademais de incrementar e aproveitar os servizos e produtos ecosistémicos no desenvolvemento sostible para o benestar humano”.
Agora que a protección do medio ambiente non parece ser unha prioridade para moitos Gobernos e Administracións Públicas, confiamos en que este entusiasta proxecto permita poñer en valor e protexer o enorme potencial que ofrece esta marabillosa reserva da biosfera.
Pensas que coñeces moito sobre as principais capas da Terra? Pois descúbreo con este pasapalabra sobre capas internas ou externas da Terra como a hidrosfera, atmosfera... Disfruta e aprende xogando!
O medio ambiente é o conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capces de causar efectos directos ou indirectos, nun plazo corto ou largo, sobre os seres vivos e as actividades humanas. A humanidade interactúa intensamente co seu medio ambiente, xa que a nosa existencia depende totalmente de él.
Neste pequeno test, apto para todas as edades, podes pór a proba os teus coñecementos sobre o medio ambiente:
Os axentes xeolóxicos externos son sistemas fluidos, formados por auga, xeo e aire en movemento que realizan os traballos de erosión, transporte e sedimentación a favor da diferenza de enerxía potencial existente entre os diversos lugares da Terra.
A erosión é o proceso mediante o cal se produce un modelado característico do relevo, permitindo recoñecer os axentes xeolóxicos externos que actuaron nesa zona aínda que xa non están ahí. O transporte, sen embargo, é o desplazamento de sedimentos dende o lugar onde se produce a erosión ata onde se depositan. Por último, a sedimentación é o proceso no cal os sedimentos se depositan en determinadas zonas da superficie.
Despois de recordar o básico dos axentes xeolóxicos externos que modelan a superficie terrestre, proba esta actividade para comprobar o que sabes:
Se queres ampliar aínda máis os teus coñecementos;
Tereshkova comezou a escola en 1945 á idade de oito anos, pero deixouna en 1953 e continuou a súa educación mediante cursos por correspondencia. A temperá idade interesouse polo paracaidismo, adestrándose no Aeroclub local. Fixo o seu primeiro salto aos 22 anos o 21 de maio de 1959, sendo aínda unha traballadora téxtil. Foi a súa experiencia en paracaidismo que a conduciu á súa selección como cosmonauta
Das máis de catrocentas candidatas, cinco foron seleccionadas: TatianaKutnetsova, que era egresada como piloto de caza do Instituto Aéreo de Moscova, Irina Soloviova, que era membro do equipo nacional de paracaidismo da Unión Soviética, ZhannaYiorkina mestra de escola, ValentinaPonomariova experta paracaidista e ValentinaTereshkova.
Tereshkova foi considerada como unha candidata particularmente digna, en parte debido á súa orixe "proletaria", e porque o seu pai, o líder e sarxento de tanques VladímirTereshkov, foi un heroe de guerra que morreu en acción na Guerra de Inverno que se desenvolveu en Finlandia durante a Segunda Guerra Mundial, na área de Lemetti en Careli, nese momento Tereshkova tiña dous anos. Despois da súa misión, consultóuselle que podía facer a Unión Soviética para agradecerlle o seu servizo ao país, e Tereshkova pediu que o goberno buscase o lugar onde o seu pai morrera en acción. Tereshkova, Soloviova e Ponomariova foron as outras principais candidatas, e desenvolveuse un programa de misións que permitiría que dúas mulleres voasen ao espazo, en dous voos Vostok en días consecutivos en marzo ou abril de 1963. Tereshkova foi a primeira persoa civil en voar ao espazo, aínda que para unirse ao Corpo de Cosmonautas foi admitida honorariamente na Forza AereaSovietica. Así, o 16 de xuño de 1963 unha nave chamada Vostok 6 con ValentinaTereshkova como única tripulante foi lanzada con éxito ao espazo. Tras 48 voltas á terra e máis de 70 horas de voo, o 19 de xuño de 1963 Tereshkova abandonaba a cápsula de voo e terminaba o seu descenso en paracaídas desde 6.000 metros de altura ata poñer os pés en Karaganda, Casaquistán. Converteuse nunha lenda de aeronáutica espacial.Así, o 16 de xuño de 1963 unha nave chamada Vostok 6 con ValentinaTereshkova como única tripulante foi lanzada con éxito ao espazo. De maneira máis detallada, despois do exitoso lanzamento do Vostok 5 o 14 de xuño, Tereshkova comezou os preparativos finais para o seu propio voo. Despois dunha conta de dúas horas, o Vostok 6 foi posto en marcha sen erros, e Tereshkova converteuse na primeira muller en chegar ao espazo. O seu sinal de chamada neste voo era Chaika (Gaivota, ruso: Чайка), máis tarde conmemorado como o nome dun asteroide, 1671 Chaika.10 Aínda que Tereshkova experimentou náuseas e malestar físico durante gran parte do voo, e dor no pescozo polo pesado do casco11 orbitou a Terra 48 veces e estivo case tres días no espazo. Tereshkova tamén mantivo un rexistro de voo e tomou fotografías do horizonte, que serían utilizadas para identificar as capas de aerosol da atmosfera. Vostok 6 foi o voo final da misión Vostok, e foi lanzado dous días despois do Vostok 5, que conduciu a Valeri Bykovski a unha órbita similar durante cinco días, aterrando tres horas despois que Tereshkova. SerguéiKoroliov, director do programa espacial soviético, mostrou o seu descontento co comportamento de Tereshkova en órbita e non lle permitiu tomar o control manual da nave, tal e como estaba planeado.15 O equipo de control de voo modificou o sistema (que estaba erroneamente programado para que a nave afástese da Terra, en lugar de achegarse) e Tereshkova puido regresar.Tras tres días, coa aterraxe no territorio de Altái o voo finalizou con éxito. Aínda que estaban previstos máis voos nos que participasen mulleres, pasaron 19 anos ata que outra muller, SvetlanaSavítskaya, viaxase ao espazo. Ningunha das outras catro cosmonautas do grupo de Tereshkova viaxou ao espazo. Ela mesma era consciente desta situación e así o expresou na primeira entrevista que deu a un xornalista español en outubro de 1967.O 3 de novembro de 1963 contraeu matrimonio co cosmonauta AndriánNikoláyev (1929-2004) e un ano máis tarde deu a luz á súa filla Yelena AndriánovnaNikoláyeva- Tereshkova (8 de xuño de 1964),18 quen é agora doutora en medicina e que foi a primeira persoa nada de dous cosmonautas que saíran ao espazo.
Considérase a primeira cientifica da historia. Hipatia foi unha filósofa e mestra da escola neoplatónica de Alexandría a comezos do século V. Destacou nos campos das matemáticas e a astronomía e foi membro e cabeza da mencionada escola que, entre outros avances –algúns fundamentais en xeometría ou algebra- impulsou no ambito da cosmología o heliocentrismo, desprazando á Terra do centro do universo.
Construíu un planisferio celeste, deseñou un hidroscopio(instrumento que serve para pesar líquidos) e mellorou o uso do astrolabio.
Considéraselle unha mártir das ciencias, xa que faleceu a mans dun grupo cristián por defender as súas ideas.
Os dejo aquí un video donde os explicará quien es Hipatia.
O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia celébrase o 11 de febreiro. Foi proclamado en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. Este ano 2022 o tema é "Equidade, Diversidade e Inclusión: A auga únenos". A ciencia e a igualdade de xénero son fundamentais para o desenvolvemento sostible. Aínda así, as mulleres seguen atopando obstáculos no campo da ciencia: menos do 30% de investigadores científicos no mundo son mulleres. Na asignatura de CCMA de 2ºBAC realizamos diversas entradas sobre mulleres científicas e as súas aportacións ao longo da historia. Nesta infografía recóllese estas actividades:
Elizabeth Helen Blackburn é unha bioquímica australiana, descubridora da telomerasa e gañadora do premio Nobel de Medicina en 2009. A teleromasa trátase dunha unha enzima que forma os telómeros durante a duplicación do ADN e que podería supoñer unha importante contribución á búsqueda dun tratamento contra o cancro.
Estudou Bioquímica na Universidade de Melbourne e conseguiu o doctorado en bioloxía Molecular en 1975 pola Universidade de Cambridge. Blackburn comeza a estudiar os telómeros en 1975 e nove anos mais tarde, en 1984, descubre xunto a Carol Greider a enzima telomerasa, sendo capaces de aillala apenas un ano despois.
É unha das primeiras bioquímicas que estudou os telómeros; os extremos dos cromosomas das células eucariotas, imprescindibles para a división celular e para manter a integridade e a estabilidade dos cromosomas.
A enzima telomerasa, a encargada de formar os telómeros durante a duplicación do ADN, é a encargada da vida das células. Canto menor sea a segregación de telomerasa, mais cortos serán os telómeros, ata que a división celular sexa imposible e as células acaben morrendo.
Blackburn e Greider tamén descubriron que as células cancerosas, con todo, son capaces de seguir producindo maior cantidade de telomerasa, provocando a aparición de tumores. Este descubrimento pode contribuír a atopar substancias, métodos ou dianas eficaces para frear a segregación desta encima e así axudar no tratamento contra o cancro.
Nos últimos anos, Blackburn e os seus compañeiros estiveron investigando o efecto que ten o estrés sobre a telomerasa e os telómeros, con especial énfase na meditación de atención plena. Estes estudos suxiren que o estrés psicolóxico crónico pode acelerar o envellecemento a nivel celular. Ademais, atopouse que a violencia inflixida pola parella acurta a lonxitude dos telómeros en mulleres que sufriron abusos en comparación coas mulleres que nunca sufriron abusos, o que posiblemente causa unha peor saúde xeral e unha maior morbilidade nas mulleres que sufriron abusos.
Actualmente, Blackburn actualmente investiga os telómeros e a telomerasa en moitos organismos, desde fermentos ata células humanas. O laboratorio no que traballa céntrase no mantemento dos telómeros e como isto ten un impacto no envellecemento celular. Moitas enfermidades crónicas asociáronse co mantemento inadecuado destes telómeros, o que afecta a división celular, o ciclo e o crecemento deficiente. Á vangarda da investigación dos telómeros, o laboratorio de Blackburn actualmente investiga o impacto do mantemento limitado dos telómeros nas células mediante a alteración da encima telomerasa.