viernes, 17 de diciembre de 2021

As reservas forestais

Unha reserva forestal é unha zona protexieda pola diversidade vexetal que abrangue e pola posibilidade da súa explotación sostenible. A súa declaración e xestión corresponden aos gobernos autonómicos ou aos concellos na que esta se atopa, teñen a obrigación de velar polo benestar da mesma, evitando a explotación dos seus recursos para calquera actividade agrícola.
Actualmente, as reservas naturais son designadas por diferentes institucións gobernamentais, como é o caso de  National  Nature Reserve (institución con maior recoñecemento no mundo, cuxa sede principal sitúase no Reino Unido) do mesmo xeito que existen organizacións sen fins de lucro dedicadas á protección do ambiente e institucións investigadoras de varias nacións e que son independentes do goberno.
O continente americano é o que posúe o maior número de reservas forestais debido á gran diversidade de ecosistemas que se poden apreciar no mesmo. O país que posúe o maior número de reservas en América Latina é Chile e é que grazas á gran diversidade de clima, no país existen moitos tipos de ecosistemas, desde os  desérticos (coas zonas máis áridas do mundo) ata as zonas de maior humidade (coas árbores máis antigas e virxes do planeta), grazas a todas estas condicións a nación fíxose acredora de máis de 100 reservas forestais, clasificadas como Parques Nacionais, Monumentos Nacionais ou Reservas Naturais, cuxas áreas en total superan os 14 millóns de hectáreas, é dicir o 19 % do territorio nacional.
En España encóntranse diferentes reservas forestais destacando:
- O Barranco de Igoroin
Trátase dunha reserva forestal que se encontra situado no País Vasco, no cuadrante suroccidental do Territorio HIstórico de Álava baixo os montes de Iturrieta, comarca de Montaña Alavesa nas proximidades de Arrai-Maeztu.
Barranco de Igoroin
Barranco de Igoroin - Wikipedia
- A Reserva forestal do Añarbe
É un hábitat de gran interese biolóxico e excepconal para a fauna silvestre. Varias especies de animais e plantas en perigo de extinción habitan no Añarbe. Os bosques maduros e de gran frondosidade conforman un paraxe natural de especial interese.

Noutras partes do mundo podemos destacar as seguintes reservas forestais:
- A Reserva Forestal de Ajlun
É unha reserva natural de Jordania, creada en 1988 pola Royal Society for the Conservation of Nature na Gobernación de Ajlun. Nesta reserva lévabase a cabo un programa de cría controlada de corzo e está considerada área de importancia polas súas aves por Birdlife International. O clima da reserva é relativamente húmido en comparación co resto de Jordania.
Reserva Natural de Ajlun - Wikipedia
- A Reserva Forestal de Sinharaja
É un parque nacional de Sri Lanka. O nombre da reserve tradúcese como "O reino do león". Está situado nas provincias de Sabaragamuwa y Sur. A reserva ten unha superficie protexida de 8564 ha. Ten unha grande riqueza de especies endémicas, incluindo árbores, insectos, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
Reserva Forestal de Sinharaja - Wikipedia
Para rematar, déixovos un pequeno vídeo que mostra o territorio que abrangue a reserva forestal do Añarbe.



Reserva da Biosfera

 

As Reservas da Biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural e o desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza. Establécense en zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único, en medios terrestres, costeiros e mariños, nos que a integración da poboación humana e as súas actividades coa conservación é fundamental. As Reservas tamén son lugares de experimentación e estudo do desenvolvemento sostible. 


Deben cumplir tres funciones: conservacion da biosfera e dos ecosistemas que conteñen, desenvolvemento das poboacións locais e función loxística de apoio á investigación, formación e comunicación. 
Para o cumprimento destas funcións, as Reservas da Biosfera deben contar con tres tipos de zonas: Estrutura dunha reserva da biosfera, unha ou varias zonas núcleo, cuxa función principal é a conservación; unha ou varias zonas de amortecemento que amortecen os efectos das accións humanas nas zonas núcleo, e unha zona de transición, onde se promovan actividades económicas sostibles para favorecer o desenvolvemento socioeconómico das poboacións locais.
Aínda que de forma diferenciada, todas as zonas deben contribuír ao cumprimento de todas as funcións propias da reserva. O foco céntrase no desenvolvemento de modelos para a sustentabilidade global, nacional e local, e para que as Reservas da Biosfera sirvan como lugares de aprendizaxe onde os responsables políticos, as comunidades científicas e de investigación, os profesionais da xestión e as partes interesadas traballen xuntos para traducir os principios globais do desenvolvemento sostible nun lugar apropiado. Por iso, a implicación da comunidade local é fundamental para que unha Reserva da Biosfera cumpra as múltiples facetas que caracterizan esta figura.

Aqui teneis un video en donde explica que es la reserva de la biosfera:







As Illas Cíes


O arquipélago das Illas Cíes forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xunto cos arquipélagos de Ons, Sávora, Cortegada e o seu medio marítimo. As Illas Cíes, ademais de Parque Nacional, son tamén parque natural desde 1980, zona de especial protección para as aves  desde 1988, e zona de especial conservación.
 Actualmente as Illas Cíes iniciaron o proceso para a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. 

 ¿Como se formaron as illas cies ?
 As Illas Cíes forman unha barreira natural da Ría de Vigo contra a forza do océano Atlántico, protexendoa grazas aos seus acantilados escarpados na cara oeste das illas de máis de 150 metros de altura e ás súas 433 hectáreas terrestres. Hai 17.500 anos, na última glaciación, o nivel do mar estaba 125 metros por debaixo do actual e a ría de Vigo era un val fluvial que chegaba ao litoral continuo ata as actuais Illas Cíes. Foi máis tarde, co desxeo, hai uns 6.000 anos, cando a subida do nivel do mar inundou o val fluvial, formando a Ría de Vigo e as Illas Cíes. As praias comezaron a formarse e cando o mar chegou a un nivel similar ao actual, hai uns 700 anos, formouse o actual lago de auga salgada entre as illas norte e centro, a carón da praia de Rodas.


FLORA:
A paisaxe vexetal que se atopa nestas illas é rica e diversa, froito  da confluencia de factores ambientais  e da súa elevada achega de nutrientes debido ao aporte masivo de excrementos de gaivota. Os breixos e matogueiras dominan a cuberta vexetal do arquipélago, estendéndose polos cantís, sistemas dunares e ladeiras das illas, con especies endémicas da rexión galego-portuguesa e especies catalogadas como en perigo crítico de extinción tanto para España como para o mundo. 

FAUNA:
 Nas Illas Cíes as aves atoparon as condicións idóneas para o seu establecemento: cantís onde aniñar, abundancia de recursos mariños, etc. Son as aves que,  constitúen unha das xoias naturais máis importantes e coñecidas do Parque Nacional. Como xa se comentou, a gaivota patiamarela  é a ave máis abundante e máis de 22.000 exemplares reprodutores aniñan nas illas . Outro exemplo destacable é o caso da pardela cenicienta  que colonizou o arquipélago das Cíes en 2007 e que actualmente se atopa nas illas de Monteagudo e San Martiño.


jueves, 16 de diciembre de 2021

Repasa a estrutura e dinámica interna da Terra!!

 Na estrutura e dinámica interna da Terra estúdanse cinco puntos esenciais:
- O interior da Terra non é homoxéneo.
- A litosfera está fragmentada en placas.
- A Terra recibe enerxía externa e produce enerxía interna.
- O vulcanismo é un dos principais riscos xeolóxicos.
- Os terremotos son a orixe do risco sísmico.
A Terra é un planeta aproximadamente esférico de 6372km de radio. Atendendo a súa composición, divídese en corteza, manto e núcleo.
O principal método para coñecer o interior terrestre é o estudo por ondas sísmicas.
O vulcanismo, producido pola expulsión de produtos fundidos desde o interior da Terra hata o súa superficie, e os terremotos, producidos polos esforzos comprensivos, distensivo e de cizalla que se deben ao desplazamente das placas litosféricas, son riscos xeolóxicos.

Demostra os teus coñecementos sobre a estrutura e dinámica interna da Terra con este rosco de palabras:

martes, 7 de diciembre de 2021

Actividade repaso vulcanismo

Déixovos aquí este relaciona, para que poidades xogar e coñecer os diferentes tipos de actividade volcánica. 
 Existen 6 tipos diferentes de actividade volcánica no mundo 

jueves, 2 de diciembre de 2021

Mais e mellor auga para Vigo!!

O pasado 14 de outubro poñíase a primeira pedra da nova potabilizadora do Casal que abastece de auga, desde hai décadas, a Vigo e a outros catro concellos da área metropolitana, entre eles Moaña e Cangas. A actual Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da cidade foi construída a mediados dos anos 70 para tratar a auga procedente da concesión que o Concello de Vigo dispoñía no río Oitavén.

O aumento do volume de tratamento, dos 900 litros de auga por segundo actuais ata os 2.200, é outra das novas anunciadas neste proxecto que, segundo o prazo de execución, estará concluído no 2023 e que conta cun orzamento estimado de 23 millóns de euros. A auga será pretratada na parte inferior, circulando e mesturándose con distintos reactivos, para ser despois bombeada ata o segundo nivel onde se encontrará o sistema de filtración e ultrafiltración por membranas. Un sistema que ten como misión purificar a auga ao máximo grazas a retención de partículas sólidas, como os metais, os virus e os xermes, de ata 0,02 millonésimas de metro.

A normativa, deseñada para protexer a saúde das persoas dos efectos adversos de calquera contaminación da auga potable, reforza os controis de calidade tanto no punto de consumo como nas zonas de captación, establece parámetros sanitarios máis estritos baseados en ditames científicos recentes e no principio de cautela, prevé a mellora da información aos consumidores e ten en conta, como gran novidade, unha iniciativa cidadá europea, “Right2Water”, lanzada en defensa de que o acceso a auga de calidade para o consumo humano forme parte dos dereitos humanos. A mediados do mes pasado, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o CEO de Aqualia, a empresa concesionaria do subministro de auga na cidade, Félix Parra, colocaron a primeira pedra da nova ETAP nun acto no que tamén enterraron unha cápsula do tempo. Nesa misiva ao futuro ían xornais do día, moedas en curso legal, un CD do proxecto e unha botella de auga recollida na potabilizadora nese momento.




O virus do papiloma humano, unha nova posible pandemia?

 

Debido á Covid-19, moitas enfermidades pasaron inadvertidas, como os recentes casos de VPH que se está a extender por todo o mundo. O número de casos por ano é de 600.000 persoas aproximadamente, con 300.000 mortes estimadas. Ademais, entre un oito e un dez por cento das mulleres están en risco ontolóxico por esta enfermidade, sendo as mais novas as mulleres que máis probabilidade teñen de contraer esta enfermidade, xa que esta decrece coa idade.


O VPH causa diversos tipos de cancro, sendo o máis importante o do colo uterino, pero causa algúns como os de vaxina, pene, vulva e escroto. Pese á súa perigosidade, o VPH pasa inadvertido entre todo o mundo, debido a diversos factores como que non hai síntomas claros de infección se o virus se presenta nunha variante máis perigosa, ou que só afecta ás mulleres pobres de países pobres.

Se queredes acceder á noticia orixinal completa, pinchade neste link.

Podedes atopar tamén un vídeo informativo sobre o VPH aquí.

Novos xenes resistantes ao tratamento principal da tuberculose!?

Un grupo de investigación do Instituto de Biomedicina de Valencia do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (IBV-CSIC) han realizado un estudio a gran escala dos mecanismos de resistencia da bacteria Mycobacterium tuberculosis á isonaiazida,  dos principais antibióticos para o ser tratamento.
O equipo do IBV-CSIC analizou todos os xenes da bacteria, comparando posteriormente os resultados obtidos con datos clínicos previos. Todo, mediante unha novidosa técnica de xenómica funcional que, amais, permitirá evaluar nuevos fármacos contra la enfermedad y anticiparse a posibles resistencias.
Mycobacterium tuberculosis - Wikipedia
Publicados en Communications Biology, os resultados deste estudo teñen permitido atopar unha serie de novos xenes que aínda non se vencellaran á resistencia fronte á isoniazida. Xunto á rifampicina, ambas constitúen os dous antibióticos máis importantes no tratamento da tuberculose e para os que aínda non existe unha alternativa viábel.
Os resultados do estudo validáronse utilizando unha colección global de cepas de tuberculose, proporcionando probas experimentais respecto dos xenes específicos que poden producir un fenotipo de resistencia particular. Grazas a unha gran cantidade de datos sobre mutacións na bacteria, os investigadores conseguiron relacionar os xenes obtidos neste traballo con datos clínicos.
No traballo colabora a Fundación para o Fomento da Investigación Sanitaria e Biomédica da Comunitat Valenciana (Fisabio).
Para rematar, déixovos un breve vídeo que explica o que é a tuberculose:


Fontes consultadas:

Tiburón branco en Galicia?

 

 Aparece tiburón branco na Coruña 


A finais de setembro, un home  a bordo dunha embarcación no  porto de Punta Langosteira, en Arteixo, rexistrou unha imaxe  dun exemplar de tiburón branco, duns cinco metros de lonxitude o que supoñía o primeiro rexistro desta especie nesta zona do Atlántico. 20 días despois, repetiuse un avistamento que é moi pouco frecuente: un pescador que se atopaba a 10 millas da costa de Ribadesella rexistrou este sábado 16 outro xigante branco.

diario El Comercio,  entrevistou ao pescador, que di. “Cando me pasou por baixo xa vin que non era un marraxo; era gris por riba e branco por baixo, impresionante”, conta Juan Carlos González, que destaca como o animal chegou a bater co casco da embarcación.

Expertosl contemplan a posibilidade de que se trate do mesmo animal avistado no porto exterior da Coruña. O presidente da Protección de las Especies Marinas, Luis Laria, cre que é “case seguro” que o animal que navegou por augas galegas continuase o seu periplo. Pola súa parte, o director do Centro Oceanográfico de Gijón,  lembra que os únicos rexistros son o da Coruña e outro realizado anos atrás no Mediterráneo.

Fonte da nova


Aquí tedes unha ligazón a un vídeo do tiburón



viernes, 19 de noviembre de 2021

Coñece o que esta a suceder no medio mariño da Palma.

Durante a tarde do 19 de septembro o volcán situado no Parque Natural de Cumbre Vieja comenzou a expulsar lava.
Esta fenómeno metereolóxico a pesar de ser unha oportunidade para os científicos, sismólogos, etc., polo feito de que poden estar alí estudando as características en vivo.
É unha catástrofe a nivel social, natural e económico, pois a pesar de que non é a maior erupción en comparación a outros, a nivel social é terrible polas destruccións de propiedades, da terra de cultivo, bens materiais, fegares de xente que viven na Palma dende que naceran e a nivel atmosférico polas cinzas emitidas polo volcán e no medio mariño, xa que as coadas chegaran a auga e estan, porque a erupción non acabou, destruindo especies e a auga esta sendo contaminada.

Por iso dende o porxecto ciencia activa, dedicamos un momento a informar por medio dun audio, elaborado por Carlota e Klara., como están estudando moitos científicos os danos causados, a pesar de haber moitos, neste caso falamos dos causados no medio mariño.





Aprende os recursos, impactos e riesgos do medio ambiente

 Aqui vos deixo un divertido educaplay para aprender sobre os impactos sobre o medio ambiente do ser humano e do propio medio sobre sí mesmo e tamen os recursos que se obteñen da natureza e o que fai o ser humano con eles!!

Os recursos que proveñen maioritariamente do medio son esenciais para ter un certo nivel de vida humana e hai alguns que son duradeiros e outros que non. Tamén os impactos que provocamos os seres humanos ao medio ambiente poden ser  negativos ou positivos. Por iso, podedes facer este educaplay para informaros e descubrir canto sabedes dos recurso obtidos, da sua procedencia, os usos que se lles dan e os impactos do ser humano, pero tamén do medio sobre o propio medio.

jueves, 18 de noviembre de 2021

Queres coñecer mellor o vulcanismo?

Coa situación que se está a dar actualmente na illa da Palma, xente de todas partes de España quixo coñecer más acerca do vulcanismo e de todo o relacionado con este tipo de desastres naturais.
Por isto, se queredes adentrarvos neste mundo descoñecido para moitos de vos, aquí tedes un podcast elaborado para satisfacer a vosa sede de curiosidade, espero que o disfrutedes:




A dia de hoxe, hai unha numerosa cantidade de periódicos que poseen información actualizada deste suceso e de como pode afectar á vida da xente, este é un exemplo por se queredes seguir este fenómeno mais de preto: Volcán en directo.

Conferencia das Nacións Unidas 2021 (COP26)

 Durante o mes de novembro, líderes mundiais e responsables de negociación de cada país, reuniranse en Glasgow, Escocia durante dúas semanas na COP26, a 26ª edición da conferencia anual sobre cambio climático das Nacións Unidas, para debater que accións se poden tomar para facer fronte ao cambio climático.

COP é o acrónimo de Conference  of  the  Parties (Conferencia das Partes). Estas “partes” son os 196 países que ratificaron o tratado, aos que hai que sumar a propia Unión Europea. O Reino Unido, en cooperación con Italia, acollerá esta COP26 en Glasgow, Escocia desde o 31 de outubro ata o 12 de novembro de 2021. O encontro celebrarase cun ano de atraso debido á pandemia do Covid-19.

Por que é importante a COP26?

Será unha dos cumes máis importantes que acollese o Reino Unido e é descrita como o maior evento climático desde o Acordo de París de 2015. A última COP, celebrada en Madrid en 2019, terminou con moitos dos grandes problemas aínda sen resolver. Desde entón, enfrontámonos a unha pandemia mundial que nos mostrou os efectos devastadores da falta de preparación e a interrelación entre o noso planeta, as persoas e a prosperidade.

Que se espera conseguir na COP26?

Un dos obxectivos fundamentais da COP26 é ampliar estes obxectivos con vistas a lograr a neutralidade de emisións de carbono para mediados de século.

Outro obxectivo da COP26 é mellorar o financiamento climático para poder axudar aos países máis pobres tanto na súa transición cara a enerxías limpas como no seu proceso de adaptación xeral ao cambio climático. Trátase dunha cuestión de xustiza moi importante para moitos países en vías de desenvolvemento, cuxas poboacións soportan a maior parte da carga do cambio climático por máis que elas son as que menos contribuíron a provocalo.

UNFCCC identificou catro grandes obxectivos no seu manifesto para a  COP26, que son:

  • Asegurar o cero neto de emisións para mediados de século e manter o obxectivo de 1,5 graos ao alcance.
  • Facer unha adaptación para protexer ás comunidades e os hábitats naturais.
  • Mobilización financeira.
  • Traballar conxuntamente para lograr os obxectivos.

Con todo, cunha acción decisiva e colaborativa, o quecemento global descontrolado aínda podería deterse. Os resultados da COP26 son vitais encamiñalo e evitar cambios que alteren a Terra. Tamén se espera que serva para impulsar a acción climática colectiva.
Para finalizar, déixovos un pequeno vídeo que resume o que é a COP26:




Fontes consultadas:

O carbón provocará 265.000 mortes prematuras antes do 2030

 Segundo un estudo do grupo de liderado climático C40 Cities, o carbón será a causa de ata 264.900 mortes prematuras antes de 2030 debido aos actuais plans e políticas para ampliar as actividades que se realizan con este mineral. Por iso, o informe “Cidades sen carbón” insiste na necesidade dunha rápida descarbonización respecto do impacto na poboación urbana e das súas consecuencias económicas.

O carbón converteuse na fonte humana máis grande do mundo de emisións de dióxido de carbono (CO2) e nunha fonte importante de substancias tóxicas e contaminantes que causan efectos mortíferos na saúde das persoas, que acaban provocando un aumento das mortes prematuras.

Co aumento do uso do carbón en diversas actividades, o informe "Cidades sen carbón: argumentos sanitarios e económicos para unha revolución enerxética limpa", trata de demostrar a necesidade dunha rápida descarbonización, contabilizando o impacto da contaminación na poboación urbana e dando conta do impacto da contaminación na poboación urbana. as súas consecuencias económicas en comparación coa enerxía limpa.

O presidente do consello de C40 Cities e enviado especial das Nacións Unidas para Ambición e Solucións Climáticas, Michael R. Bloomberg, aclarou nun comunicado que "non hai lugar para o carbón no futuro sostible, resistente e igualitario que buscamos e merecemos". .

Segundo C40 Cities, os plans actuais poderían causar ata 264.000 mortes prematuras pola contaminación do aire, 247.000 visitas de urxencia por complicacións de asma e 93.600 casos de asma entre os nenos. Tamén provocará 121.100 nacementos prematuros que provocarán mortes, danos crónicos, diabetes e enfermidades cardiovasculares.

Aquí vos deixo un audio co que está a suceder coas emisións do carbono:


Os nivéis de contaminación das cidades galegas son alarmantes

 Dende a revolución industrial, os niveis de CO2 e outros gases nocivos para a saúde  das persoas. Isto provocou unha medrante preocupación per esta situación,o que fixo que os gobernos de todos os países empezasen unha campaña de concienciación para que todo o mundo poida coñecer todo isto, tanto os danos como as acción que podemos realizar para frear este aumento de emisións perigosas.

Como explicación a fondo, déixovos un podcast relatando con maior detalle esto:


 


Se queredes visitar a noticia orixinal para apoiala, esta é: Noticia orixinal

viernes, 12 de noviembre de 2021

Os residuos no mundo

Un residuo é considerado calquera obxecto, material e sustancia, tanto sólidas coma líquidas, pastosas o gaseosas, das que un poseedor se desprende ou ten a obrigación de desprenderse según as normas vixentes.

Existen diversos tipos de residuos dependendo da actividade pola que son xenerados. Os tipos principais on os residuos agrícolas e ganadeiros, forestais, industriais, radiactivos, sanitarios e residuos sólidos urbanos. Dentro de este último grupo, os residuos poden ser domésticos, como residuos orgánicos, roupa e incluso pilas; voluminosos, calquera electrodoméstico ou moble; comerciais, como embalaxes ou poliestireno expandido; e de construcción e demolición, tamén chamados escombros.

Respecto ao seu nivel de contaminación, os residuos poden dividirse en dous tipos. Reciben o nome de inertes cando non contaminan e poden utilizarse, como os escombros. Denomínanse residuos especiais aos que son moi contaminantes e conteñen sustancias moi perigosas, como metales pesados, sustancias tóxicas, corrosivas ou inflamables e polo tanto precisan tratamentos especiais para eliminar a súa toxicidade, recibindo o nome de residuos inertizados. 

Os residuos presentan un importante problema para unha poboación mundial que se incrementa cada ano e que cada vez produce máis basura anual e provoca unha enorme contaminación do medio ambiente. Un exemplo disto é a enorme cantidade de plástico desechada, sendo un material non biodegradable que tarda entre 100 e 1.000 anos en degradarse. A ONU explica que, se seguimos coa mesma tendencia con respecto aos pásticos desechados, para o ano 2050 haberá cerca de 12.000 millóns de toneladas deste material nos basureiros e na natureza. Ademais, cada ano se producen 300 millóns de toneladas de residuos plásticos, o equivalente ao peso de toda a poboación humana.

E agora, se queres descubrir canto sabes sobre os residuos no mundo, proba o seguinte test:

sábado, 16 de octubre de 2021

Día Mundial da Alimentación

Cada 16 de outubro dende o ano 1979 se conmemora o Día Mundial da Alimentación, unha celebración promovida pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), co claro obxectivo de diminui a fame no mundo. Para este ano 2021, o lema é "As nosas accións son o noso futuro". Pídese un esforzo para ser máis sostibles nas nosas accións diarias, reducindo o desperdicio de alimentos, creando conciencia a preto dunha nutrición sa e equilibrada. E todo iso co obxectivo de chegar ao Fame Cero e de protexer o medio ambiente.

A celebración estará enmarcada polos retos e desafíos que xurdiron dos efectos causados pola pandemia global da Covid-19, e convidará a toda a poboación a traballar colectivamente para construír un mellor futuro.

Aínda que alimentarnos é un acto cotián, poucas veces pensamos na forma como foron producidos eses alimentos que eliximos, quen os produza e cantos recursos naturais, económicos ou de man de obra foron necesarios para tomar o almorzo, a nosa cea ou algunha merenda durante o día.

Tampouco analizamos o impacto que ten o desperdiciar os nosos alimentos. Por unha banda, nun mundo no que actualmente máis de 811 millóns de persoas atópanse en inseguridade alimentaria a cifra admitida para o desperdicio debería ser cero, pero, desafortunadamente, preto do 34 por cento destes alimentos aptos para o consumo terminan no lixo.

Os alimentos que elixas e a súa forma de consumo afectan á nosa saúde e á do noso planeta. Repercute na maneira de funcionar dos sistemas agroalimentarios. Necesitamos construír un futuro con suficientes alimentos nutritivos, inocuos e alcanzables para todos. E debes formar parte do cambio.

Para rematar déixovos este vídeo realizado polo curso de 2ºBACH para conmemorar o Día Mundial da Alimentación:


Fontes consultadas:

- FAO

- Naciones Unidas

- Wikipedia

jueves, 14 de octubre de 2021

Aprende sobre a pirámide alimentaria!

             A PIRÁMIDE ALIMENTARIA

A pirámide alimentaria,  ou tamén chamada pirámide nutricional, é unha referencia gráfica da cantidade dos diferentes grupos de alimentos que debemos consumir diariamente para estar sans. En nutrición, a pirámide alimentaria é unha referencia á proporción que precisa o noso corpo para manter unha dieta sa e equilibrada. Recoméndase a inxestión diaria de 55% de hidratos de carbono, 30% de graxa e 15% de proteínas, vitaminas, minerais e fibras.



As primeiras pirámides alimentarias creáronse a principios dos anos 70, posiblemente a máis coñecida sexa a versión introducida polo Departamento de Agricultura dos Estados Unidos en 1992, (revisada e actualizada en 2005, como "MyPyramid"), mostrou a importancia do exercicio físico, e que, á súa vez, foi substituído posteriormente por MyPlate (MyPlate) en 2011

PIRAMIDE ALIMENTARIA VEGANA

A pirámide dos alimentos veganos está composta por 6 grupos esenciais de alimentos e nutrientes que deben aparecer na nosa dieta diaria para ter unha dieta equilibrada e completa. A base vegana da pirámide forma parte do grupo de alimentos que debemos consumir con máis frecuencia (como cereais, froitas e verduras). En realidade, as cantidades para comer non son tantas, por exemplo, unha simple porción de pan xa equivale a unha porción das 6 recomendadas por día de cereais e hai alimentos que poden pertencer a dous grupos, como verduras e alimentos ricos en calcio. (como o brócoli, a col rizada, as espinacas, ...). A continuación podes ver que alimentos forman parte de cada grupo e cantas racións diarias debemos consumir de cada un deles (algo que varía en función da nosa idade, peso, actividade física, etc.).



lunes, 27 de septiembre de 2021

Xoga e coñece a realidade dos volcáns!

Aqui vos deixo un educaplay divertido e interesante para saber máis sobre as características e curiosidades dos volcáns. Debido a situación que esta a viver a Palma, non esta mal informarse un pouco máis de como són os volcáns e das suas peculiaridades.

Con este educaplay tamén vós podedes por a proba para descubrir canto sabedes en realidade de volcáns., e se resulta que non sabedes moitos podedes aprender novas cousas moi fascinantes.


viernes, 24 de septiembre de 2021

Queres coñecer os riscos dun volcán?

O pasado 19 de Septembro, entrou en erupción o volcán situado na illa da Palma; un volcán que levaba máis de 50 anos inactivo. Un volcán en erupción puede provocar riscos moi graves; neste volcán estanse producindo diferentes tipos: como coladas de lava, que afecta as infrastructuras, hogares e cultivos; cinzas que estas poden causar feridas abertas, lesións nas vías respiratorias e ollos; tamén emite gases atmosfera que xa superaron as 6.000 toneladas de dióxido de azufre. Tamén se poden producir otros tipos de riscos que se explican neste genial.ly.

Unhas das recomendacións que se dan son: para non sufrir ningua lesión se recomenda non achegarse a zona afectada; ante a presencia das cinzas, o plan de emergencias volcánicas de Canarias pide permanecer nos domicilios, excepto en caso de perigo de derrumbe do teito por acumulación da misma; vestir con prendas que cubran a pel e usar mascarillas de po. No caso de poder permanecer na casa débese evitar a ventilación desta e non se pode consumir alimentos ao aire libre. Especialmente estar antento as indicacións das autoridade.

A Terra é dinámica: Erupción na Illa de Palma!

Este pasado domingo 19 de setembro, a illa da Palma sufre unha erupción volcánica tras 50 anos de inactividade, cando entrou en erupción o volcán Teneguía, concretamente o 26 de outubro de 1971. Trátase do volcán de Cumbre Vieja, un volcán de tipo estromboliano que adoita producirse tras unha fractura da codia terrestre, en zonas de subducción. Caracterízase por ter unhas explosións non violentas e unha expulsión de lava discontinua. O magma é de tipo andesítico, cunhas temperaturas baixas o que provoca que as coladas avancen lentamente e se expandan, aumentando a área de destrucción. A desgasificación do magma orixina expulsións de piroclastos e cinzas.

Con esta infografía poderás coñecer os tipos de magma que se expulsan nos distintos tipos de erupcións volcánicas, para entender a evolución das destructivas coladas e as causas que orixinan a nube de humo e cinzas que está a cubrir a metade sur desta illa, e así comprender un pouco mellor a dura situación que se está a vivir na illa da Palma.

martes, 21 de septiembre de 2021

Erupciona o volcán da illa da Palma!

O volcán Cumio Vello da illa da Palma, no arquipélago canario, estivo baixo unha estreita vixilancia durante máis dunha semana de sismos na zona das Manchas con 25.000 pequenos terremotos. Entrou en erupción por primeira vez en 50 anos este domingo 19 de setembro ás 15:12 horas.

Segundo as primeiras informacións, o volcán xurdiu nunha zona de monte non habitada, mais xa a primeira hora deste domingo comezaban as labores de desaloxo dalgúns grupos de persoas.

Lava e fume elévanse pola erupción dun volcán no Parque Nacional Cumio Vello, Illa da Palma, Illas Canarias, o 19 de setembro de 2021. © Borja Suarez / Reuters 

As zonas volcánicas activas, como as Illas Canarias, traen magma dende a profundidade ata a superficie. Baixo o volcán, o magma acumúlase en forma de  reservorios e transpórtase a través de condutos, coma se fosen as arterias do volcán.

O magma "faise paso" rompendo a roca que ten ao redor. Esa fracturación produce ondas que son medidas en superficie mediante sismómetros, e poden sentirse pola poboación como terremotos.

Na Palma, o enxame sísmico a principios da semana pasada proviña de profundidades dun 12 km, reflectindo a acumulación do magma en reservorios na base da cortiza terrestre, ao redor do punto crítico que pode levar a erupción. 

O comezo da erupción xerou o sismo de maior magnitude, cando o dique alimentador completou a súa viaxe rompendo as rocas da superficie, xerando a fisura eruptiva, que ten varios centros de emisión ou bocas eruptivas.

Ademais de fracturar as rocas, o magma vaise acumulando en zonas da cortiza nas que atopa "ocos". Esa acumulación fai que o magma "empuxe" os materiais que aínda ten por encima, o cal se expresa en superficie como un abombamiento ou deformación, que na Palma foi de aproximadamente 10 cm.

O novo volcán xurdido desta erupción podería conter entre 17 e 20 millóns de metros cúbicos de magma, segundo explicou o presidente de Canarias, Anxo Víctor Torres. O Instituto Volcanolóxico de Canarias (INVOLCAN) estima que o volcán emitirá entre 6.000 e 9.000 toneladas diarias de dióxido de xofre (SO₂),

A continuación, tendes un pequeno vídeo que mostra un mapa do impacto da erupción do volcán da illa da Palma:

Fixado un radio de exclusión de 2 km das fisuras para evitar mortes

Ata agora, a última erupción volcánica terrestre no Estado fora a do volcán Teneguía en 1971. Daquela, dúas persoas faleceran por inhalación de gases tóxicos por achegarse demasiado á lava. Nesta ocasión, o Instituto Vulcanolóxico de Canarias fixou unha zona de exclusión de 2 km na contorna dos centros de emisións.

O seu director, Nemesio Pérez, apuntou que a erupción podería durar “varias semanas, ou incluso poucos meses”, polo que as autoridades canarias pediron “máxima precaución”.

Unha boca eruptiva expulsa lava e piroclastos na zona dos Llanos, en El Paso, Illa da Palma.




O perigo das erupcións

Vivimos nun planeta activo que leva en funcionamento 4.500 millóns de anos. O incremento da poboación mundial ha levado á ocupación de zonas xeolóxicamente activas. Todos os procesos xeolóxicos, incluídos os  volcánicos, implican un "risco xeolóxico".

Ante o acontecemento da erupción na Palma, o Gobierno de Canarias activou o Plan de Emerxencia Volcánica de Canarias (PEVOLCA). A situación de alerta establécese de forma cualitativa cun semáforo que cambia de verde a amarelo, a laranxa e a vermello a medida que a probabilidade dunha erupción inminente aumenta.

Nestes momentos, o semáforo está en vermello, o que indica que se debe realizar a evacuación da poboación que poida verse afectada como medida activa de Protección Civil. O desenvolvemento da nova erupción está asociado coa emisión de lavas e  piroclastos de caída, que son fragmentos de magma separados e arrefriados durante a erupción, debido á súa natureza explosiva.

Para coñecer máis acerca dos volcáns e os riscos que ten consultade as entradas posteriores.

Fontes consultadas:

- elDiario

- Nós Diario

- El País

- El Mundo

miércoles, 9 de junio de 2021

O sistema nervioso

    O sistema nervioso, en colaboración co hormonal, é o que permite a relación e a coordinación dos animais. A coordinación nerviosa prodúcese mediante impulsos nerviosos, e a información lévase especificamente a un punto dun órgano concreto.

    O sistema nervioso divídese en dúas partes: o sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico. No sistema nervioso central encóntranse os centros nerviosos e ademais posúe unha cuberta ósea; o cráneo e a columna vertebral, e unha cuberta membranosa; as meninxes. O sistema nervioso periférico, en cambio, é os nervios, tanto os da pel e músculos que se encargan da locomoción como os das vísceras.

martes, 8 de junio de 2021

Xoga e repasa os aparellos do corpo humano

Aquí déixovos este rosco de palabras en educaplay para repasar os aparellos do corpo humano. Moita sorte!

lunes, 7 de junio de 2021

Tecidos

Aquí vos deixo un divertido educaplay para aprender sobre os tecidos das plantas e do corpo humano. 

sábado, 5 de junio de 2021

Día Mundial do Medio Ambiente

A Organización das Nacións Unidas (ONU) estableceu o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente, que ten como finalidade sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ao medio ambiente.

Este ano (2021) o tema central é "Reimaxina, recrea, restaura". Restaurar os ecosistemas significa previr, deter e reverter este dano, pasar de explotar a natureza para curala. Para iso, e precisamente neste día, arrinca o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha misión global para revivir miles de millóns de hectáreas.

Podemos contribuír co medio ambiente e facer as paces coa natureza, para desta forma previr a catástrofe climática, diminuír a contaminación ambiental e frear a perda de biodiversidade:

- Cultivando árbores na nosa localidade, para  reverdecer as nosas cidades e os nosos espazos.

- Repoboando os nosos xardíns con especies silvestres.

- Cambiando a nosa forma de alimentarnos.

- Limpando ríos e costas.

Poema de Jordan Sanchez para o Día Mundial do Medio Ambiente

Fontes:

lunes, 10 de mayo de 2021

As partes da celula!!

 

Aquí tedes un test que podedes realizar para descubrir e aprender novas cousas sobre a célula.
 Xoga e divírteche!

Educaplay sobre a inmunidade.

 Aquí vos deixo un educaplay sobre a inmunidade para repasar este tema de bioloxía xogando!


domingo, 9 de mayo de 2021

A Parker Solar Probe da NASA descobre unha emisión de radio en Venus!

    Durante un breve xiro por Venus, a misión Parker Solar Probe da NASA detectou un sinal de radio de orixe natural que revelou que a nave espacial había voado a través da atmosfera superior do planeta. Esta foi a primeira medición directa da atmosfera de Venus en case 30 anos.


    Nacidos de procesos similares, a Terra e Venus teñen en común que ambos os rochosos e posúen un tamaño e unha estrutura similares. Pero os seus camiños diverxeron desde o nacemento. Venus carece de campo magnético e a súa superficie mantense a temperaturas o suficientemente altas como para derretir o chumbo. Por iso, as naves espaciais só sobreviviron un par de horas alí. Estudar Venus, por inhóspito que sexa, axuda aos científicos para comprender como evolucionaron estes planetas de orixe similar e que fai que os planetas parecidos á Terra sexan habitables ou non.

    Un estudo publicado confirma que a atmosfera superior de Venus sofre cambios desconcertantes durante cada ciclo solar. Isto desvela a última pista para desenredar o como e o por que Venus e a Terra son tan diferentes.


O 11 de xullo de 2020, durante o seu terceiro sobrevoo de Venus, o xerador de imaxes WISPR de Parker Solar Probe capturou esta vista ao lado nocturno de Venus a unha distancia de 12.000 quilómetros.


    O 11 de xullo de 2020, a Parker Solar
Probe sobrevoou por terceira vez Venus. Cada sobrevoo está deseñado para aproveitar a gravidade do planeta e impulsar a nave espacial a unha órbita cada vez máis próxima ao Sol.

    Os investigadores utilizaron esta emisión de radio para calcular a densidade da ionosfera pola que voou a Parker Solar Probe, xa que a última vez que obtiveron medicións directas da ionosfera de Venus.

    As observacións do recente sobrevoo de Parker Solar Probe, que ocorreu seis meses despois do último mínimo solar, verifican o misterio na ionosfera de Venus. De feito, a ionosfera de Venus é moito máis delgada en comparación coas medicións anteriores tomadas durante o máximo solar.

    Este estudo tardou uns 30 anos en realizarse. Necesitouse unha misión a Venus e, décadas máis tarde, unha misión de última xeración ao Sol.




As basuras mariñas





 

Motivos para coidar as plantas

 As plantas son seres vivos autótrofos pero sabes por qué son importantes para o medioambiente?

A continuación podedes ver un vídeo onde se amosa a súa importancia 


Un dos beneficios das plantas e a limpeza do aire grazas a fotosíntese. 

A fotosíntese é un dos procesos máis importantes xa que manteñen os ecosistemas e equilibrio da terra. 
Mediante este proceso as plantas son capaces de transformar materia inorgánica en materia orgánica grazas a luz solar. 

sábado, 8 de mayo de 2021

Repasa bioloxía con este relaciona!

 Ola a todos! Hoxe tráigovos un relaciona variado cos contidos das última leccións. Espero que vos guste e que repasedes mentras vos divertides!


Test dos enlaces!

 Ola a todos! Hoxe tráigovos un educaplay no que repasaredes os principais enlaces que se viron durante o curso en bioloxía. 

Espero que vos guste e que aprendades moito co educaplay!


viernes, 7 de mayo de 2021

Coidemos o medio ambiente!

O medio ambiente é moi importante, porque del obtemos auga, comida, combustibles e materias primas que serven para fabricar todo o que utilizamos diariamente. El é o noso fogar, del depende a nosa existencia humana. Ao abusar ou facer un mal uso dos recursos naturais que se obteñen do medio ambiente, poñémolo en perigo e esgotámolo. O aire e a auga están a se contaminar, os bosques están a desaparecer, debido aos incendios e á explotación excesiva e os animais vanse extinguindo polo exceso da caza e da pesca.

Nesta imaxe interactiva déixovos cinco consellos que podedes seguir facilmente dende casa para contribuír ao coidado do medio ambiente. Todos debemos poñelos en práctica!

Educaplay sobre o ADN

Neste educaplay poderás repasar unha serie de termos relacionados co ADN unindo cada un deles coa imaxe ou micrografía que lle corresponda. Xoga e aprende!

Ciclos bioxeoquímicos

Queres saber máis sobre os ciclos da materia?

Coñécense como ciclos bioxeoquímicos ou ciclos da materia aos circuítos de intercambio de elementos químicos entre os seres vivos e o ambiente que os rodea, mediante unha serie de procesos de transporte, produción e descomposición. O seu nome provén dos prefixos gregos bio, “vida”, e xeo, “terra”. 

Nestes ciclos interveñen tanto as distintas formas de vida (vexetal, animal, microscópica, etc.), como elementos e compostos naturais inorgánicos (choivas, ventos, etc.). Trátase dun perpetuo desprazamento de materia dun lugar a outro, que permite a reciclaxe dos nutrientes dispoñibles na biosfera.

Nesta infografía poderás coñecer máis sobre os principais ciclos que se dan na natureza. Fai click e comeza a aprender!

lunes, 3 de mayo de 2021

Tipos de rocha segundo a orixe

Bo día! Aquí tendes un educaplay para que practiquedes os tipos de rocha que hai segundo a orixe que teñen. Sorte a todos!

Tipos de inmunidade

 Ola a todos! Este educaplay pode axudarvos a repasar os tipos de inmunidade.

Espero que vos sexa de axuda. Sorte!

Interestellar Probe

 A finais dos setenta, a sondas xemelgas voyager, empezaron a enviar imaxes de Xúpiter e Saturno.


Hoxe en día, a NASA está a pensar nunha nova misión instrumentación máis avanzada e aínda máis lonxe. Esta será a sonda Interestellar Probe. Esta misión podería chegar en 2030 e terá moito máis alcance que as sondas voyager.


Esta sonda tardaría uns 15 anos en alcanzas a heliosfera, un ritmo máis alto ca as voyager, que tardaron 35 anos.


Ademais, a vida útil da sonda será de uns 50 anos, o que a permitirá a unhas 100 unidades astronómicas do Sol, o que se traduce a uns 150.000 millóns de kilómetros, 10 veces máis ca as voyager.